FESTIVAL DE NADAL 2011
Este ano no Nadal a verdade é que nos lucimos todos e todas, viñemos súper elegantes, a ocasión merecíao pois comemos os"gusanitos" de Fin de Ano, iso non sa fai tódolos fines de ano.
Tivemos ambiente festivo toda a mañá do 21 de decembro, os nervios do festival, os nervios das Campanadas de Fin de Ano, a elegancia,as notas..., houbo de todo.
Comecemos.
Os nenos e nenas de 3º foron os anfitrións e presentaron o programa do festival.Fixérono de marabilla, así foi que lles cantaron o de B, R, A, V, O : BRAVO!!!!!!!! pois estiveron de película.
Os nenos e nenas de infantil do cole, botáronnos uns bailes que nos fixeron cantar e bailar a nós tamén. Mirade que estilo!!!!! daquí sae algún artista, seguro.
Son os máis guapos do cole, con perdón para os outros e outras guapos e guapas...!
Como tódolos anos, os nenos e nenas do cole de Cerdeiras tamén nos traen algo para que vexamos a súas dotas artísticas .Este ano contáronnos un conto cunha mensaxe moi fermosa.
Os nenos e nenas de 1º cantaron e bailaron, deixáronnos coa boa aberta.!
Os de 2º bailaron e cantaron e tamén nos recitaron unha poesía entre toda a clase.Quedoulles moi bonita.
Os nenos deste cole saben facer de todo:Mirade que atentos estaban.
A clase de terceiro, ademais de facer a presentación tamén, cantaron e bailaron.
Vaia meneo se deron.!
Os de 4º bailaron e cantaron unha panxoliña que acompañaron con pandeiretas, foi moi emocionante.Mirádeos!
Os da clase de 5º tiveron moito traballo: cantaron en galego e en inglés e ademais, tamén bailaron.Son uns profesionais.
Os da clase de 6º cantaron unha canción moi simpática que prepararon con moito traballo.Dáselles ben facer calquera cousa.
As representantes do concello viñeron a entregar os premios ás postais de nadal que foron seleccionadas para facer a postal de felicitación de nadal do concello.
Xa vistes que había moito ambiente.Tódalas nenas e nenos estaban moi atentos para ver o que facían as outras clases.A verdade é que pasamos moi ben.
FELIZ ANO 2012!!!!!!!!!!