(2011-2012) Celebramos o Nadal
Como remate deste primeiro trimestre, ademais de rematar os temas, facer exámenes, e dar os nosos últimos esforzos estudando e traballando todo o que puidemos; tamén preparamos algunhas cousiñas para a celebración do Nadal:
-Preparamos un mural para poñer no corredor no que debuxamos cubos (xa que estabamos coas potencias en matemáticas) a modo de paquetes de agasallos.
Ao levantarlle o cadrado dianteiro aparecía unha imaxe de cada un de nós agasallándovos algo como:
apertas e visitas
chistes, risas e caricias
aplausos, ánimos e amizade
tempo con vós e bicos
sorrisos e debuxos
Así quedou ao final:
- Tamén decoramos o pasillo con recortes de copos de neve xunto cos compañeiros de ciclo.
-De novo, preparamos para o último día o agasallo do amigo invisible. Este ano algún de nós esmerouse de verdade!
De merenda tomamos algún dos postres e doces que trouxemos algún de nós.
- E despois do recreo asistimos ao Festival de Nadal onde tiñamos preparado un baile e canción coa mestra de música. Algúns deses momentos...
Aquí tedes algunhas das imaxes das demais actuacións:
Actuación dos nenos de Infantil
Baile dos alumnos e alumnas de 1º curso
Baile do alumnado de 2º curso
Os nenos e nenas de 3º encargáronse de presentar
Baile dos nenos e nenas de 4º
Actuación dos nenos e nenas de 5º
Tamén entregáronse os premios aos gañadores dos debuxos da Postal de Nadal do Concello
E comemos os 12 gusanitos da sorte
Que todos teñades un bo ano novo 2012!!
-