(2011-2012) Por fin! Pintamos os xogos no patio cuberto!
TRABALLO FEITO!
O luns desta semana adicamos a clase de Educación Física, a de Cidadanía,... ás prepacións e pintado dos xogos no patio cuberto da nosa escola.
Foi unha mañán diferente na que non paramos: que si barrer, recortar, pintar con xices o chan, encintar, pintar cos rodillos , falar...
Coma sempre aquí tedes algunha das imaxes destes momentos.
Barrendo ben o chan para que pegase a cinta de marcar:
Pintando con xices as formas dos xogos para logo poder encintar e pintar:
Poñendo as cintas e recortes dos números para pasar ao pintado:
Preparando as letras para recortar e pintar nos xogos:
Pintando parte dos xogos cos rodillos:
E , xa pintado, retiramos as cintas que perfilaban os debuxos:
Ao final quedou así de chulo
Aínda falta rematar algúns detalles: coma os números dos xogos, os debuxos das serpes e da diana,... pero na vindeira semana quedará listo.
Como o pintado do patio coincide coa chegada ao colexio do baúl cos xogos populares que se lle pediu á Xunta algúns cursos xa usaron as pintadas do patio para podelos practicar.
Nos recreos tamén podemos usar estes materiais. A pena é que só os deixan durate unha semana.
Polo menos as pintadas dos xogos quedarán para sempre!