(2011-2012) Seguimos descubrindo o espacio
Estas semanas seguimos a investigar e recopilar información sobre temas novos do espacio que estaban na nosa lista.
O equipo dos "planetas"
tiña que respostar cales eran os nomes e ademais averiguaron outras cousas que tamén reflexaron no mural.
Por exemplo que os planetas ademais de xiral o redor do sol, tamén xiran sobre sí mesmos
Aquí estamos comprobando cómo xiran, qué divertido.
Resulta que a Terra o noso planeta está bastante cerquiña do sol; en cambio hai outros que están tan lonxe que neles non hai nunca calor e os días son escuros, como en Plutón, se é que é un planeta porque hai varias teorías de que quizais non o é.
Como os nenos da outra clase fixeron un sol enorme e o planeta terra e a lúa, nós, que investigamos sobre os planetas, decidimos facelos para colocalos no pasillo, así que estivemos a fixarnos na súa cor e no seu tamaño para poder facelos
e mans á obra!
Estes días tamén fixemos algúns traballos do que íamos descubrindo, para o noso dossier do espacio
Ademáis temos un xogo de memoria con imaxes do espacio e o pasamos moi ben facendo parellas
Tamén xogamos a facer satélites e naves espaciais coas construccións
Outro equipo estivo recopilando información sobre o que é unha galaxia e respostando á pregunta "¿hai casas no espacio?
Casas como as da terra non hai, non, pero desubrimos moitas cousas sobre a estación espacial internacional que é onde viven os cientificos que investigan o espacio.
Ademáis se nos ocurriu que sería divertido vestir ao noso esqueleto de astronauta.
Así que despois de falar en gran grupo de cómo poderíamos facer e qué material utilizar:
-témpera branca.
-algodón.
-espuma.
-papel de periódico.
-venda por riba.
-bolsas, prástico.
-cartón para a mochila.
-el casco con cartón marrón y lo pintamos de gris.
-os tubos con papel.
-con mucho celo.
-con lana.
-no, con tapas de botellas.
-podemos hacerle el traje con goma.
-ten que ter un bolso para meter todo.
-con cartulina de cores facemos churros para os tubos..
-con prástico.
Comezamos cubríndoo todo de papel de periódico para que o traxe quedase gordiño como o dos astronautas.
Logo pasamos a facerlle o traxe con sacos de prástico branco
O seguinte paso foi buscar en internet e en libros qué levan no seu traxe os astronautas, debuxos, pegatinas, bandeiras,.....
Así nos quedaron as insignias que decidimos facer
unha nave espacial, a palabra NASA, o debuxo dun aguia, unha bandeira no brazo.
Isto deunos pé a averiguar que era a NASA e visitar a súa páxina web.
Ademáis forramos unha caixa grande para facer a mochila e con tapas de botella e cinta branca fixemos os tubos que conectan con ela e permiten respirar aos astronautas.
Só faltaba o casco. Usamos un globo hinchado sobre o que ir pegando papel con cola
e cando secou, listo!
Agora está colocado no corredor, xunto cos planetas e o sol.
LLe puxemos a fotocopia da cara dun astronauta que se chama DALE GARDNER e que se fixo moi famoso por levar a cabo unha misión no espacio moi perigosa, tiña que rescatar un satélite, para logo poder reparalo.
Como un neno de clase trouxo a notica, está exposta con él para que a poida ler quen queira.
Outro equipo encargouse de diseñar e debuxar un cohete xigante onde colocar as nosas fotos con casco de astronauta.
Este foi o comezo
E así quedou o noso cohete
Unha nena de clase suxeriu que o podíamos pegar no teito do corredor, xunto cos planetas
E isto é todo polo momento.
Ata pronto!