(2011-2012) O espacio-Dividimos o traballo e nos organizamos
Xa comezado o proxecto do espacio, como a posta en común inicial, o punto de partido o fixemos en conxunto cos nosos compañeiros de infantil 2, dividimos as preguntas que queríamos investigar para cada unha das aulas
O seguinte paso era organizarnos por equipos para buscar e organizar información que nos ía chegando, relativa a cada un dos temas.
-ASTRONAUTAS
-EXTRATERRESTRES
-PLANETAS
-¿QUÉ HAI NO ESPACIO? ¿HAI CASAS?
Deixando unha para facelo de maneira conxunta
-¿CÓMO SE FAI DE NOITE?
Vimos algúns videos en internet, tamén un documental sobre os astronautas e icluso uns capítulos de Caillou sobre as estrelas e o planetario e plasmamos a información que íamos acadando para expoñela no noso mural.
Como era bastante información o equipo dos astronautas pediron axuda a outros nenos da clase.
De momento temos respostas para o tema dos astronautas, ¿quén son?, ¿cómo voan ao espacio?
Descubrimos que os primeiros astronautas foron animais; podes ver algúns videos interesantes nos videos de infantil, en "investigamos o espacio".
un neno incluso nos trouxo unha nave de xoguete
que semella unha estación espacial.
Cada venres temos un tempo asinado para xuntarnos cos nosos compañeiros/as de infantil 2 e contarnos os uns aos outros o que descubrimos.
Os nosos compañeiros nos contaron cousas de por qué brilan as estrelas e de cómo voan as naves que van ao espacio.
Seguiremos investigando para descubrir novas cousas.