(2011-2012) Algúns traballos das últimas semanas na aula
Nestas últimas semanas, entre outros fixemos todo isto:
Participamos no obradoiro de maxia na biblioteca do colexio.
Alí a profe Loli ensinounos un truco de maxia, e miramos á Dora disfrazada de maga.
Fixemos de actores de monicreques para contarlles contos ós nosos compañeiros e compañeiras
Tamén fixemos novamente o noso abecedario, pintámolo entre todos
Como no ordenador miramos varias cancións que se cantaban "coas mans", para que as entendesen a xente xorda...
... decidimos poñer debaixo de cada letra como de "di" en linguaxe de signos.
Logo levamos para casa un abecedario onde saían os signos para xordos, e donde localizamos as letras do noso nome.
Disfrazámonos cos novos disfraces que temos na aula
Ensinámoslle os novos compañeiros e compañeiras como se anota o libro que levamos para casa, sacando a portada do ordenador.
Anotámolo nunha das follas da nosa libreta da biblioteca, onde tamén temos que pegar a imaxe que sacamos da impresora.
Tentamos descubrir cantas froitas coñecemos...
E comezmos "unha carreira de froitas", cada día que as traemos na merenda imos poñendo un gomet... Cal será a que chegue primeiro ata arriba?
Fixemos as normas da aula, como os anos anteriores facendo fotografías onde saiamos facendo cousas que si se poden facer e cales non.. somos moi bos actores
Logo escribimos o "texto" de cada unha das normas.
Logo anotámolas tamén nunhas follas para poder poñelas na casa.
e