Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Novidades da aula

Dende que comezou o curso fixemos algúns que outros cambios en recantos da aula, material,...

Fixemos entre todos e por equipos números xigantes novos para o mural dos números e aproveitando que estamos todos entusiasmados coas estrelas e o espacio, o novo proxecto, fixemos o reconto de cada número con estrelas douradas.

Así quedou o noso mural

Tamén fixemos un mural novo das normas, pensando e dialogando antes cál nos interesaba ter reflexadas nel.

Esta vez reflexámolo en forma de comic, expresando cada un de nós unha norma e para iso fotografiámonos nós mesmos e logo fixemos a montaxe co bocadillo.

Éste é o noso mural. Como estamos pendientes de engadir unha máis polo menos, volas ensinaremos noutra ocasión cando estean todas.

Ademáis, como sempre había problemas coas estanterías da biblioteca, decidimos facer unha en grande para este recanto

agora, cando nos despistamos só temos que mirar un chisco para arriba e deseguida nos refresca a memoria.

Primeiro escribimos o texto entre varios compañeiros nun folio para finalmente pasalo a tamaño grande.

Outros compañeiros tamén se encargaron de debuxar un 4 xigante para a casiña pois sempre nos xuntamos moitos nela e así é máis dificil xogar tranquilo.

E seguiremos a facer máis cousiñas para ter a aula ordeada e bonita!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.