(2011-2012) Recibimos unha carta de Dora a Lectora pedíndonos axuda
Días atrás decidimos cambiar o noso buzón por un novo, poqrue o anterior estaba moi velliño.
Decorámolo entre todos e todas
E escribímoslle "BUZÓN DE INFANTIL 2", para que ninguén o confundira co da outra aula
Ó día seguite recibimos a primeira carta no noso novo buzón, era de Dora a Lectora, a mascota da biblioteca que estaba toda "agobiada" buscando un traxe novo para poñer este ano, e nos pedía axuda por se lle podiamos dar ideas cos nosos "deseños".
Escribímoslle unha carta de resposta, dicíndolle que non se preocupara que a iamos axudar facéndolle debuxos de como debería ser o seu novo vestido.
Metímola nun sobre que poñía "BIBLIOTECA", para saber onde había que deixala.
E metímos a carta dentro do buzón da biblioteca, agardamos que Dora a lea axiña para que non siga estando preoupada.
Puxémonos mans á obra para facerlle o traxe a Dora, non era nada doado porque as avesturces son moi "rariñas" co tema da roupa (segundo nos dixo o profe) e sempre lle gustan traxes con moitas cores e moitas cousas.
Empregamos todo o material que atopamos e podiamos usar: gomets, palillos, palliñas, pinturas, celofán de cores...