(2011-2012) Facemos normas para a aula de informática
Tódolos luns imos á aula de informática a traballar coa Pizarra Dixital Interactiva (P.D.I) e os ordenadores que alí hai.
Un dos días que fomos decatámonos de que no había ningunha norma, así que cando baixamos novamente á aula decimos facer un listado coas normas que debería haber na aula de informática.
Finalmente acordamos escribir catro normas, para poñelas na parede da aula de informática e que todos puidesen velas:
- NON BERRAR
- DEIXA TODO RECOLLIDO
- APAGA BEN O ORDENADOR
- NON TOCAR OS CABLES
Por equipos fomos facendo cada unha das catro normas
E nas esquinas puxemos as iconas de pechar as ventás no ordenador, que xa as coñeciamos, pechar, maximizar e minimizar.
Pegámoslle tamén uns simpáticos debuxos para que todo o mundo se fixase neles.
Así quedaron as catro normas rematadas:
E así as puxemos na aula de informática, agora todo mundo poderá coñecelas só con mirar cara arriba, cando estea nos ordenadores.