Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

SAMAÍN

OLA NENOS E NENAS DO COLEXIO PEDRO ANTONIO CERVIÑO.

Entereime sen querer que este ano ides celebrar o SAMAÍN

Como a min me gusta a festa, tamén quero participar...

pero non sei qué teño que facer......

Mentras o penso vouvos contar un pouco a historia do SAMAÍN:

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros 

Preguntarédesvos e quen son eu?

Pois teredes que agardar ó dia do Samaín que ó mellor aparezo ou ó mellor non!!!!!! Coma os pementos de Padrón que: "Uns pican e outros non".

Ola nenos e nenas.Polo que me enterei pasástelo moi ben no Samaín e de min nin vos lembrastes.Non vos preocupedes,a verdade é que non puiden ir, tiña outra cita noutro sitio pero o ano que ven vou seguro.

Como non fun á vosa festa, mandáronme unhas fotos as cales vos vou a comentar, porque eso seino facer moi ben.

O cole estaba TERRORÍFICOOOOO!!!!!!!!!!

 

Menos mal que non fun!!!!!

Houbo sustos para tódolos gustos...

 

aquí tendes unha mostra...

e aquí outra, a verdade é que metían medo

 Na exposición de calacús houbo de todo.Aquí tendes unha escolma.Vese que as fixestes con moito asco, con moita gana de meter medo,todas estaban HORROROSAS


Como vedes houbo de todo.A verdade é difícil escoller cal é a máis fea de todas, todas o son...!

Tódolos cursos participastes e a verdade,desde onde eu estaba,víasevos moi ben,pois puxéronme diante de todo.

O comezo foi espectacular con esta bruxiña que nos meteu medo xa de entrada...

E logo tódalas bruxas, bruxos, esqueletes, e todo o que apareceu por alí que fixo o que puido.

  Infantil que ían moi acorde coa celebración.

2º ciclo que ían de esqueletes....!!!!!

MIMÁ!!! aquí está opúblico de pé , que estaría pasando....a verdade, nin me lembro.

1º ciclo que cantaron unha canción .....de medo, claro!

 

 2º ciclo cantaron e tocaron unha canción con bruxa e demo...

3º ciclo ía a cocer a uns cantos nenos e nenas pero non lles deu tempo, queda para o ano que vén...

Houbo agasallos para as cabazas que máis vos gustaron.Aquí está os gañadores e gañadoras.

Tamén houbo diplomas para a cabaza máis:

-elaborada

-"mellor pelaso"

-pavera

-orixinal

-traballadora

-"fashion"

- elaborada

- completa

E aquí rematou o Samaín por este ano.Agardo que o ano que ven o pasemos tan ben.

EU ESTABA ALÍ, ESTIVEN TODO O TEMPO.....E NIN VOS ENTERASTES. o ANO QUE VÉN POÑEREIME NOUTRO SITIO E A VER SE SABEDES ONDE....

 

Védesme, detrás das nenas que leron os contos de MEEDOOOOOO....!

HASTA O PRÓXIMO SAMAÍNNNN!!!!


 


Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.