(2011-2012) Temos novos compañeiros e compañeiras
Comeza un novo curso onde despedimos a tres dos nosos compañeiros/as, que xa están en primeiro, pero damos a benvida a catro novos de tres anos.
Aquí estamos na foto de grupo, aínda nos falta un compañeiro de tres anos que comezará nunhas semanas.
ÓSCAR (profe) JAVIER DAVID ANXO ALVARO MARCOS GABRIEL
EVA YAIZA MARA IKER
Para que nas nosas casas coñecesen os compañeiros e compañeiras que ían estar en E.I.2 neste curso, levamos para casa unha foto de grupo.
Recortámola e pegámola nunah cartolina, e logo decorá
Pola parte de atrás puxémoslle o noso nome, e algún ata quixo escribir AMIGOS.
Logo preparamos o cartel para pegar na porta, coa nosa foto de grupo, primeiro pegando a foto.
Poñéndoa na cartolina...
E escribindo cada quen o seu nome...
Co cartel listo puxémolo na porta da aula, agora todos poden ver quenes estamos este ano en E.I.2
Antes de marchar para casa, recollemos as nosas fotos para ensinarllas ós nosos pais e irmáns.
En canto chegue DIEGO, o compañeiro que falta cambiaremos a foto para el tamén apareza.