(2010-2011) Celebración do día das Letras Galegas
Dado que o martes 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, por adiantado este venres celebrouse no noso colexio un pequeno festival.
Neste aproveitouse para presentar o Maio que fixeron os nenos e nenas de todo o colexio.
- Ao noso curso xunto co de sexto tocounos colocar o fiuncho , ademais de traer quen puidese: ovos, laranxas, margaridas,...
- Tamén elaboramos as nosas dúas coplas para ser cantadas coas dos demais. Desta vez tocoulle a Xesús poñerlle a voz. Eleximos estas dúas:
Este mes hai eleccións Agora o maio remata
os maiores van votar, temos que irnos pra casa,
Alfonso, Julio e Pacita porque hai polo que comer
eu non sei quen gañará e churrasco con patacas
- Ademais, en galego estamos a facer uns murais sobre Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano.
-E tamén neste día de festa representamos a obra de teatro que fixeramos adaptando o conto de "O novo traxe do emperador"(Se queredes recordar o conto pinchade aquí). Todos estabamos ben nerviosos mais saiunos moi ben.
Somos uns artistas!
Aquí estamos a facer algún dos elementos que necesitabamos para a representación da nosa obra