(2010-2011)Visitamos os petroglifos xunto cos alumnos da Xunqueira 1
O pasado martes 3 de maio visitáronnos os nenos e nenas de 5º curso da Xunqueira 1 para facer a segunda parte do "intercambio cultural".
Agora tocábanos a nós ensinarlles a eles os nosos petroglifos.
Para elo saímos do colexio e fumos ata o Parque arqueolóxico que, aínda que o edificio e museo non estaba inaugurado e por dentro non o puidemos visitar, si o fixemos a ruta dos petroglifos con dúas guías que nos ían contando todo o importante que eran, en que consistían, para que os puidesen haber feito, como conservalos,...
Distintos momentos desta visita :
-Chegada e presentación das guías
-Vistas de Campo Lameiro dende o mirador
Explicacións sobre os petroglifos e visita dunha das construccións
-Petroglifo
-Esquema dos petroglifos que se atopaban nesa rocha
Ao rematar esta visita fumos co autobús a ver o petroglifo da pedra da Serpe na cal outro guía contounos lendas sobre ela e moita máis información.
Alí tamén aproveitamos para facer un descanso, xogar e merendar antes de despedirnos dos nenos e nenas do outro colexio.
Aquí rematara o noso intercambio.
Voltarémos a ver a todos estes compañeiros cando cheguemos ao instituto.
Ata entón!