(2010-2011) Xapón
O día 11 de abril aconteceu algo que nos deixou a todos abraiados. Nada máis chegar á clase todos falabamos do mesmo. Nas noticias puxeran imaxes de como un enorme terremoto e tsunami arraxaran case todo en Xapón.
Se queredes recordalas pinchade aquí
Tanto nos impresionou que decidimos facer un proxecto sobre o tema.
No taboleiro apuntamos:
- as cousas que sabiamos ,
-as cousas que queriamos averiguar,
-os lugares onde nos podiamos informar
-e os grupos nos que nos iamos dividir para traballar.
Decidimos investigar en cada grupo sobre catro temas referidos coa noticia; tiñamos na clase expertos en:
- Xapón,
- enerxía nuclear,
-terremotos e tsunamis
- e as axudas.
Buscamos nos xornais que trouxeramos nos que repasabamos cada grupo co seu cor as noticias que falaban do seu tema, tamén apuntamos noticias da televisión e tamén en Internet.
O resumen destes iámolo poñendo no taboleiro.
Tamén aproveitamos para traballar o diálogo. Cada grupo imaxinou que eran:
-un matrimonio de xaponeses na súa casa no momento do terremoto.
-dous expertos en enerxía nuclear falando de como solucionar o problema das centrais afectadas.
-dous personas falando de como recaudar fondos para axudarlles.
-e dúas expertas en terremotos e tsunamis dando os datos da gravidade destes.
Quedaron moi ben. Poderedes lelas no xornal escolar