(2010-2011) Chegou a primavera: facemos fotos das flores do patio
Un día pola mañá descubrimos que as árbores, que podiamos ver desde a ventá da nosa aula xa tiñan flores. Despois de falar do asunto chegamos á conclusión de que xa chegara a PRIMAVERA.
Decidimos saír ó patio, e coa cámara de fotos, facer fotografías das novas flores que "apareceran" esa semana. Cada un de nós fixo unha fotografía á flor que escollera.
Xa de volta, imprimímolas...
Clasificámolas por cores, e cada quen escolleu a que máis lle gustaba (ou a que fotografara coa cámara)
Recortamos a foto e escribimos debaixo o nome da súa cor: atopamos flores ROSAS, AMARELAS, LARANXAS E BRANCAS
pegámolas nunha cartolina, co nome da súa cor debaixo e co noso nome, para que todos souberan que fixera a fotografía.
Tamén fixemos o mesmo, pero nun folio, para poder levar para as nosas casas a nosa flor favorita.
Para que todos souberan que estabamos en primavera, pensamos que xa debiamos quitar as follas da nosa árbore e cambialas por flores de cores.
Fixémolas con círculos de diferentes cores: para facer unha flor tiñamos que contar e escoller:
5 CÍRCULOS DUNHA COR
1 CÍRCULO DOUTRA COR
Tan só quedaba pegalas...
E xa tiñamos lista a nosa árbore.
Tamén convertimos as bolas de nadal en flores para decorar o corredor.
Ata apareceu un paxaro voando entre elas.
NOVOS NOMES PARA AS NOSAS CADEIRAS:
Como faltaban moitos nomes das nosas cadeiras (algúns porque romperan e outros porque se perderan) pensamos que deberiamos facelos de novo.
Cada quen escrbiu no ordenador o seu nome (empregando a aplicación ESCRÍBEME que podes atopar nos xogos de infantil nesta mesma web)
Os máis pequenos precisaron empregar a súa tarxeta para non esquecerse de ningúnha das letras do seu nome.
Dándolle o botón de imprimir, tiñamos o noso nome escrito nunha follla.
Tiñamos que comprobar que non faltaba ningunha letra porque senón poderiamos confundirnos de cadeira.
Recortámolo, e pegámolo nunha cartolina amarela, tan só faltaba plastificalos e xa estarían listos para poñelos nas nosas cadeiras.