(2010-2011) Actividades e festa do Entroido
Este curso en infantil decidimos disfrazarnos de cociñeiros xa que traballando e descubrindo sobre o corpo humán, decatámonos do importante que é para a saúde a boa alimentación e qué mellor que facer de cociñeiros por uns días.
A semana anterior á elaboración do noso disfraz, fixemos moitas actividades de presentación e coñecemento desta profesión, así como actividades de lecto-escritura, tamén relacionadas cos números, cantamos e contamos contos.
Con algúns destes traballos elaboramos un libriño individual que reflexase este traballo previo ao disfraz
Nel reflexamos actividades que primeiro facíamos en gran grupo dialogando e escribindo entre todos (das que non contamos con fotos):
- Decidimos e suxerimos qué necesitabamos para elaborar o noso disfraz, así como as roupas e ferramentas do cociñeiro, elaborando un listado.
-Eliximos cada quen a ferramenta que quería facer e nos anotamos nun cadro, para ó rematar sumar cántas ferramentas facían falla de cada.
-Escribimos libremente os nomes de todas estas cousas necesarias e as debuxamos.
-Nos debuxamos como cociñeiros.
-Xogamos a ser cociñeiros, preguntando e entrevistando aos compañeiros sobre o que nos gustaba comer.
-Seguimos as ordes do Meco, anotando cada día para casa o que facía falla traer posto e recortando e pegando cada día a foto de grupo disfrazado con esa prenda e escribindo o seu nome no noso libro.
-Pensamos en lemas divertidos que escribir no noso gorro como por exemplo: "cociña ben", "come rico", "cociñeira boa", "comida deliciosa",....
-Eliximos de qué cor queríamos o noso mandil, de entre 5. Os nenos da outra aula de infantil encargáronse de facer o reparto entre as dúas aulas de xeito proporcional. Nós para non olvidarnos, pegamos a plantilla en pequeniño nun folio, escribindo a súa cor.
E finalmente nos puxemos mans á obra coa elaboración do noso disfraz.
Aquí estamos cortando as bolsas de plástico coas que faríamos os mandiles
Unha vez recortados, a profe nos axudaba a graparlles e pegarlles o cinturón para atalos e nós os decorábamos con debuxos.
Aquí estamos pintando a nosa ferramenta
Para o noso gorro facíamos a medida, unha raia cunha plantilla e logo recortábamos
Para acabar decorándoo con gomets e escribindo o lema nel
Ademáis nesa semana axudamos a decorar o colexio pintando caretas e antifaces
e seguimos as ordes do Meco vestíndonos do que mandaba. O primeiro día fomos nós os de infantil os que decidimos que mandaba o meco, aquí estamos decidindo entre todos.
Finalmente eliximos que debíamos vestir un mandil.
Cada día líamos no cartel o que debíamos traer ao seguinte día e o escribíamos para casa,
Mirade qué guapos estamos o resto dos días:
Con sombreiro
con zapatos diferentes
Con pixama ou bata.
E por fin o día do desfile, co noso traxe de cociñeiros e cociñeiras!!
Ese día, fixemos o desfile e o pasamos moi moi ben. Xa no pabellón bailamos ó ritmo da música
e logo nas aulas probamos doces típicos do entroido, xunto coas familias e xogamos todos xuntos.
E para rematar, 5 días de festa que nos esperaban!!