Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Celebramos o entroido en Campo Lameiro

 

Como pasa o tempo...! xa fai case dúas semanas que celebramos o Entroido no colexio.

Este ano tivemos unha novedade que xa todos sabedes cal foi:Tivemos o "Noso Meco" que en realidade é o noso esqueleto que se apunta a tódalas festas que temos,a verdade non lle queda máis remedio:

aquí o vedes no Samaín.

e aquí o vedes no entroido.No cartel que tiña colgado,  puxéronse as ordes que ían correspondendo a cada día fóronas propoñendo cada ciclo.

Bueno,agora imos ver cómo foron os nenos e nenas de cada aula.Este ano iamos de:pirámide alimentaria

Imos ver unha pequena reportaxe de cómo ían as distintas aulas do centro.Tamén estiveron con nós este día de festa os nenos e nenas da escola de Cerdeiras e os da Galiña Azul.

E.E.I de Cerdeiras e os De E.E.I. de Pedro Antonio Cerviño.De que ían.....?

Os nenos e nenas de 1º ciclo, que ía moi acorde coa excursión que tiveron onte a Apípolis.

Os de 3º ían de froitas: mazás.

Os de 4º de Piratas con peixe.

 

aquí os de 5º cun estilo animalístico bestialllll.

 

e os de 6º de campestres,froitas,vexetais...

aquí estamos desfilando polo patio do colexio.

tamén desfilamos polo pavillón, ademais de botar unhas "piecitas" bailando ó ritmo da música.

 

e como xa vos dixemos,os nenos e nenas da galiña azul tamén estiveron con nós,xunto coas súas mamás.


e aquí tendes o momento máis importante, a hora de repoñer forzas que foi moita festa.

bueno, está claro que a festa estivo moi animada.E nada máis hasta o ano que vén. 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 8 invitados conectados.