(2010-2011) Celebración do Entroido
No noso colexio este ano tentamos disfrazarnos tódolos cursos de primaria de alimentos, e os nenos de infantil de cociñeiros.
Repartímonos as distintas partes da pirámide alimenticia. A nós tocounos representar as carnes, ovos e lácteos, a 6º as verduras, 4º o peixe, 3º a froita e 2º e 1º os doces.
-Primeiro repartímonos os distintos animais que podiamos comer: vaca, porco, ovella, cabra, galo, galiña, polo, pato, coello, lebre e pavo. Os lácteos xa quedarían representados polos que dan leite e os ovos polas aves.
A mestra tería que ir de carniceira ou granxeira... que escollería?
- Despois tentamos buscar información sobre eles: nomes que tiña, tipos ou razas, características, usos, receitas coa súa carne, onde nos podiamos informar e como estaba cada un deses animais presentes na nosa cultura (a través de contos, festas, cancións, refráns, televisión,...)
- Logo comezamos a elaborar os traxes : recortando, pegando, pintando, grapando,...
- E xa co traballo feito e as caras pintadas... dou comezo o desfile.
Primeiro demos un par de voltas ao noso colexio.
E logo metémonos no pavillón para rematar o desfile e bailar un pouco
Os demais cursos estaban así de chulos:
Despois de tantas voltas rematamos todos no Salón de Actos onde tiñamos unhas mesas cheas de doces típicos destas festas que trouxemos das casas: orellas, pasteis, filloas,...
Tamén polo Entroido decoramos cada un de nós na casa antifaces que empregamos para ambientar un pouco o corredor.