(2010-2011) Visítanos un enfermeiro para respostar ás nosas preguntas sobre o corpo
Un día antes da festa do entroido, e cando estabamos difrazados cos nosos pixamas e batas (ver O Meco manda), Carlos o pai de Raúl, un compañeiro da outra aula de infantil, veu a falarnos do seu traballo.
Como é enfermeiro, ademáis do que nos contase, poderiamos facerlle moitas das preguntas que tiñamos sobre o corpo. (ver comezamos proxecto de traballo sobre o corpo).
Raúl presentounos ó seu pai, que traía un maletín cheo de cousas para ensinarnos.
Fomos facéndolle as nosas preguntas.
Púxonos unhas tiritas nunhas feridas "de mentira" ós que quixemos.
Tamén nos deixou usar o fonendoscopio para escoitar os nosos corazóns.
Trouxo un pequeno esqueleto, do que nos contou moitas cousas, algunhas que xa sabiamos da nosa investigación e outras que tiñamos como preguntas.
Traía tamén un libro sobre o corpo moi interesante.
Ata nos ensinou como se poñen vendas.
Antes de marchar regalounos a todos unha mascarilla e un gorro verde, como os que usan nos hospitais.
Así de guapos quedamos todos.
E para rematar cada un levou un "pau" para mirar a gorxa.
Moitas gracias ó pai e Raúl por contarnos tantas cousas sobre o seu traballo.