(2010-2011) Participamos na activdade o "Meco manda"
Durante esta semana particiamos na actividade O MECO MANDA, que cada día nos ía diciendo cun cartel o que tiñamos que traer vestido ó día seguinte.
O primeiro día escollimos os de INFANTIL, e decidimos que tódolos nenos e nenas do colexio deberían traer posto un MANDIL. Escribímolo nun cartel e pendurámolo no MECO.
Así estabamos todos de guapos co noso mandil.
Cada día tiñamos que "ler" no cartel o que os demáis compañeiros/as do colexio decidían.
O martes tocounos traer posto un sombreiro.
O mércores cun zapato distinto en cada pé.
E o mércores co pixama e a bata posta.
E logo, como veu o pai de Raúl a falarnos do seu traballo de enfermeiro (que xa vos contaremos noutro momento), puxemos tamén o gorro e mascarilla que nos regalou.
Para levar para casa fixemos un libro no que cada día pegabamos unha foto co noso disfraz, o nome do día e do disfraz.
E tamén o puxemos no taboleiro do corredor para que todos puidesen velo.