(2010-2011) Vaia treboada! - Investigamos
Cando chegamos pola mañá, todos estabamos moi alterados, porque había unha treboada cuns tronos que sonaban tan forte que se escoitaba desde dentro da clase.
Comentando sobre o tema xurdiron as seguintes ideas sobre o tema:
- Todos miraron tronos
- Os tronos non se poden mirar porque son invisibles
- Hai tronos porque pelexan as nubes
- Hai tronos porque chocan as nubes e unha chora, e por eso chove.
- Os tronos veñen dentro das nubes e tíranos cando están enfadadas.
- As nubes que "tiran" tronos son malas, ou están efermas
- Hai tronos porque pelexan os bos e os malos no ceo botando raios, e algún chega ata nos.
- Hai tronos porque as nubes se xuntan co sol.
- Cando hai tormenta os tronos fan buratos nas nubes e por ahí sale a auga, e por iso chove.
Como non nos dabamos posto dacordo na solución, moi rápido xurdiu a idea de investigar sobre o tema. Para atopar as respostas decidimos que o mellor era usar o ordenador.
Que temos que buscar no ordenador?, estas foron as respostas:
- Unha película dunha tormenta para ver se salen das nubes e se hai alguén pelexando ou non.
- Unha foto para ver como son os "tronos".
- Buscar algo para "leer" e así saber porque hai tronos.
Miramos varios vídeos, de treboadas, ó principio asustábanos o ruido que facían, pero sempre os queriamos ver outra vez. Ó final atopamos este no que dicía algunhas cousas interesantes:
http://www.youtube.com/watch?v=9oeBvwb67dc&feature=fvst
Por exemplo que había "raios" e "tronos", e que os raios eran "electricos".
Tamén atopamos algunas fotografías de treboadas, onde se veían os raios de color amarelo saíndo dunhas nubes moi negras, e tamén había algunhas "letras" que podiamos ler, onde dicía que os raios estaban "feitos" de electricidade e que os tronos "sonaban" despois, tamén que algúns raios ían dunha nube a outra, e non caían ó chan como os da foto, eses chamábanse "relámpagos" (lóstregos).
O primeiro que descubrimos foi pois, que os RAIOS eran os que se podían mirar e que o que se escoitaba eran os TRONOS, e pasámolo moi ben facendo tronos cos pes, coas mans, dando golpes na mesa ....
Tamén descubrimos, que movendo un cacho de plastico (acetato) e "sen bater contra nada" sonaba igual que os tronos. Despois de falalo un rato acordamos que era posible que soase porque "chocaba" co aire. Chocarían os raios contra o aire e por iso se escoitaban os tronos?
Outra cousa curiosa que escoitamos no video foi que eran "eléctricos". Seguramente os raios estaban feitos de electricidade, como a que había nas "luces" e nas pilas. Segundo pensamos algúns seguramente os raios son amarelos porque como teñen electricidade "fan chispas" e por iso "estoupan" no chan.
Tamén que as nubes de tódalas treboadas que atopamos eran sempre de cor negra, es as que viamos pola ventana tamén!! Así que seguro que as nubes teñen que estar de cor negra para que haxa unha treboada.
Á pregunta de por que son de cor negra? non houbo discusión e todos acordaron que porque estaban cheas de auga, e por iso chovía nas treboadas.
Con todo o que sabiamos, pensamos que tamén podiamos facer unha treboada na aula, coas nubes que fixeramos o ano pasado cando investigamos a "migración dos paxaros". (máis información sobre o proxecto dos paxaros aquí)
Eso si, o primeiro foi apartar os paxaros, non fora a ser que "lles caera un raio enriba".
Un equipo encargouse de debuxar os raios.
E outros de pintar as nubes, que baixou o profe cunha escaleira, de cor negra.
Era moito traballo...
Pero facéndoo entre todos rematamos de contado.
E claro tamén fixemos a choiva para pegarlle caendo das nubes.
E así quedou a nosa treboada, tan sólo faltaban os tronos, pero xa sabiamos como facelos.
Para contar na casa todo o que descubrimos coloreamos a fotografía que atopamos no ordenador dunha treboada, os raios de amarelo e as nubes negras, e para que non se nos esqueceran os nomes (cando llo contaramos na casa) escribimos RAIO e NUBES onde correspondía.
Cando estabamos a facer a nosa treboada, sonou un trono "fortísimo" e comezou a granizar, fómola mirar desde a porta do colexio e estaba todo "branco" do granizo que caeu... que estaba feito de xeo.
Ó día seguinte, a profe Ángela atopou unha noticia no xornal dun avión ó que lle caeran un raio enriba. O profe trouxo o periódico á clase, lémola noticia e puxémola no recanto das "novas do xornal".
Como nos parecía unha noticia moi interesante levamos para casa a noticia, escribíndolle nós o que pasou co avión.