(2010-2011) O que aconteceu esta semana co proxecto do Corpo
Esta semana seguimos avanzando na investigación e descubrimento de nova información sobre os interrogantes plantexados.
Seguimos a buscar información nos libros que trouxemos
e fixemos novos descubrimentos relacionados co esqueleto:
- na man temos 26 osos
como temos un esqueleto na aula aproveitamos para comprobar se era así e os contamos
e tamén os dos pes
tamén averiguamos que en todo o corpo temos 206 osos en total e tentamos de escribir este número, facendo estimacións
-outra pregunta que nos fixéramos ao principio era ¿cómo se forma o esqueleto? e casualmente vendo un video sobre os bebés e o vientre materno, ahí averiguamos que xa no corpo das nais, antes de nacer se forman os distintos osos, xunto cos demais órganos do corpo
e que para que siga formándose e crecendo, o esqueleto necesita dalgúns alimentos.
O equipo encargado de investigar dos osos,
o próximo día buscará en internet cáles son estes alimentos tan importantes para contribuir á súa boa formación e crecemento.
-Ademáis, como tamén descubrimos cómo son as costelas e ónde están e que protexen a órganos como os pulmóns e o corazón, estivemos pintando unhas para o noso corpo en tamaño natural
e fixemos unha proba para ver ónde colocalas.
Por outra banda, o equipo encargado de investigar sobre o corazón, xunto con Taida
e responder as preguntas ¿ónde está? e ¿para qué sirve?
estiveron buscando en internet primeiro imaxes relacionadas co corazón
e aprenderon a copialas e despois pegalas nunha carpeta ou documento. Con elas e coas dos resto dos equipos faremos entre todos un power point.
aquí estamos buscando na web para qué sirve o corazón. A profe axudounos e ensinounos a gardar esta información, a imprimiu e o próximo luns llo temos que contar ao resto dos compañeiros.
E polo momento isto é o acontecido. Pero estes días seguiremos traballando e investigando!