(2010-2011) Celebración do día da Paz
Os alumnos de 5º celebramos o Día da Paz coas seguintes actividades:
- Coloreamos as nosas pegadas xuntos con nenos e nenas de todo o colexio con mensaxes referentes a esta celebración, que logo se pegaron saindo de todas as aulas ata o salón de actos.
-Elaboraron carteis en Coñecemento coa información que atoparon en revistas que falaban desta temática.
-Cantaron a canción que prepararan coa mestra de música de Mercedes Peón no Salón cos demais nenos
-Traballaron en relixión unha ficha co texto "Desexamos que a Paz camiñe con nós polo mundo".
- E tamén axudamos aos nenos de Infantil a debuxarlles recalcando unha proxección na parede da súa aula do cadro do Guernica de Picasso. Despois o coloreamos xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º e 4º e os nenos de 3, 4 e 5 anos.
Primeiro trouxéronnos a nota na que nos pedían axuda para este traballo.
Aquí estamos recalcándoo.
E aquí coloreando a nosa parte entre todos nós.
Ao final colgaron o traballo na entrada do colexio.