(2010-2011) Día da Paz: traballamos o Guernica e moito máis
Un día pola mañá o mestre trouxo un cadro moi extraño, era todo de cor negra e branca e nel podíamos ver cousas interesantes. Díxonos que se chamaba o Guernica e que o pintara Pablo Ruíz Picaso.
No cadro descubrimos:
- Un cabalo
- Xente berrando
- Unha espada
- Un incendio
- Lume nunha montaña.
- Unha perna e un brazo cortados (pola espada)
Chegamos á conclusión de que seguramente era o cadro dunha guerra, e por iso estaba de cor negra, porque era algo moi triste.
Por iso decidimos "colorealo" para facer un novo Guernica con cores, para que a xente do cadro non estivera tan triste e non se pelexaran.
Fixémolo xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula.
Cada quen pintou o seu Guernica das cores que máis lle gustaban.
Cando xa tiñamos o cadro rematado fixémoslle un marco de cartolina vermella, onde escribimos o noso nome e o título do cadro "GUERNICA"
Entre todos fixemos unha exposición de Guernicas no corredor do colexio. Cada quen pegou o seu cadro no lugar que mellor lle parecía.
Fixemos unha chea de cadros, estes son algúns deles:
UN GUERNICA XIGANTE FEITO ENTRE TODOS:
Decidimos facer tamén unha versión xigante do Guernica coloreada entre tódolos nenos e nenas do colexio.
Os compañeiros e compañeiras de 5º encargáronse de medir o papel e debuxar o cadro en tamaño xigante.
Repasaron o cadro empregando o proxector e a imaxe que tiñamos no noso ordenador.
Fixérono por sorpresa e nós atopamo-lo cadro debuxado cando baixamos a aula de inglés.
Xa co cadro debuxado, tiñamos que decidir como o iamos pintar entre todos os que querían colaborar (infantil, 4º, 5º e 6º), pensamos que o mellor era "repartir o cadro" en catro pedazos e poñerlle un cartel a cada un deles.
Para non debuxar sobre o papel, marcamos as partes cun fío de cor vermella.
Tamén lle puxemos un cartel co nome de cada profe, no cacho que lle correspondía pintar á súa aula.
Xa tiñamos o cadro divido nas catro partes.
Chegou o momento de "avisar" ás aulas participantes que xa podían vir a pintar o cadro, para elo escribimos unha carta que entregamos a cada mestra.
A profe de sexto e de quinto
A profe Ángela da outra aula de infantil e a mestra de cuarto.
Cada curso foi pasando pola nosa aula a colorear a súa parte do cadro, e claro nos xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil tamén:
Logo viñeros os compañeiros de cuarto, e pintamos todos xuntos.
Tamén pasaron pola nosa aula os compañeiros e compañeiras de quinto a pintar a súa parte.
E tamén os da aula de sexto curso
(Podes ver tódalas imaxes do proceso na galería fotográfica AQUÍ)
Cando o cadro estivo rematado chegou o momento de recortalle a parte que sobraba, entre dous rematamos de seguido.
Tivémolo que levar entre todos, porque era enorme
Para que todos soubesen como se chamaba o cadro e quen o pintou, puxémoslle un cartel anunciándoo.
Agora todo o mundo pode ver o noso cadro na entrada do colexio.
ADEMÁIS TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ...
Xunto co resto dos nenos e nenas do colexio fixemos uns pes, para facer un camiño que ía deste tódalas aulas ata a sala onde celebrariamos o día da paz.
E así quedou o camiño
Tamén fixemos unha bandeira con forma de man, para cantar a canción "Un saludo Paralá" de Mercedes Peón.
E asi cantamos a canción todos xuntos.
OS MEUS MELLORES AMIGOS SON...
Coa cámara de fotos fomos sacando, uns ós outros, fotografías cos que cada quen elexía como os "seus mellores amigos".
Pegamos a foto e escribimos os seus nomes nunha folla.
Levamos a folla e o noso cadro do Guernica para casa, para ensinarllo ás nosas familias.
Enroscámolos nun tubo
Que podiamos usar ademáis como catalexo, micrófono...