(2010-2011) Participación no Salón do Libro
Este ano o Salón do lIbro de Pontevedra dedícase á Mentira e aos contos que sobre ela tratan.
No noso centro decidimos participar as aulas de infantil, 4º, 5º e 6º, centrando os nosos traballos no conto "O novo traxe do emperador".
Para elo na nosa clase elaboramos un boneco que fumos escaiolando e pintando que sería o corpo do emperador, 6º ocuparíase de facer a cabeza e infantil os complementos: calzóns, coroa e banda.
Algunhas fotos destes procesos son as seguintes:
O emperador levaría posto unha capa de plástico transparente con petos nos cales meteríanse os traballos das aulas.
En quinto traballámolo da seguinte maneira:
- investigamos que era a mentira, por que mentimos, por que non mentimos, e algunhas outras cousas interesantes sobre ela que plasmamos na pizarra da clase.
- lemos o conto "O novo traxe do emperador" e falamos sobre el.
- pensamos de que outras maneiras se lle puidera enganar ao rei ou que outras cousas puidese desexar. Os nenos dixeron: a mellor coroa, cabalo, calzado, muller, carroza, soldado, corpo, peinado...
Entre todos pensamos:
- quen lle prometería facer cada unha delas: os xoieiros, gandeiros, perruqueiros,...
- que lles pasaría aos que non o mirasen: quedarían calvos, pobres, ...
-e quen diría a verdade do que acontecía no desfile: un neno, un calvo, un home moi gordo, un mendigo,...
Elexidas algunha delas elaboramos un cómic con cada unha, na que en parellas inventaron os diálogos das 4 viñetas nas que se dividiría, e fixeron os debuxos.
Xa colocados e pegados nas viñetas coloreáronos e pasaron os diálogos a limpo.
A portada debuxárona 7 rapaces da clase: cada un encargouse de facer a silueta dalgún dos elementos do conto:
-coroa: que representaría ao emperador.
-agulla: coa que facían que cosían
- tela: coa que farían o traxe.
-ollo: co que veían ou non veían o traxe.
- boca: que dicía as verdades e mentiras.
-moeda: representando os cartos cos que o emperador mercaría a mellor tela do mundo.
-tesoiras: coas que os xastres cortarían a tela.
-todo elo unido co FíO que vai unindo todos os elementos da historia.
De coloreala encargáronse Arantxa e Daniel, que así de bonita deixárona quedar:
Na última páxina aparecen recollidos os escritores de cada unha das partes, os ilustradores das viñetas, portada e fondos, o título, a colección, editorial e ano de edición do noso traballo.
Ao final o emperador quedou así de chulo: