(2010-2011) Celebración do Nadal
Os nenos e nenas de 5º celebramos o Nadal coas seguintes actividades:
- asistimos a un Contacontos no salón de actos do colexio
- elaboramos grandes bolas navideñas xunto cos demais nenos do colexio decorándoas na casa para logo colgar polos corredores e escenario
- Aproveitamos a traballar a descripción en Lengua Española cos distintos personaxes do Belén para logo facer o Xogo de Quen e quen? con elas e as súas imaxes, traballo que puxemos no corredor
- participamos no Festival do Nadal: facendo todos nós de presentadores das actuacións, poñéndolle a música cos nosos instrumentos á obra de teatro que representaron os nenos e nenas de Infantil e facendo un baile Gospel xunto cos nosos compañeiros de 6º.
- e o último día de clase fumos a unha sesión de cine no salón de actos, para logo xuntarnos na clase e comer todas aquelas cousas que trouxeramos da casa.
Ademáis este último día de clase do ano tamén fixemos a entrega dos agasallos do amigo invisible que elaboramos cada un de nós para o compañeiro que en segredo nos tocara, algún de eles tan chulos como: Unha foto de cando era bebe para que nunca se olvide de ela, unha casiña feita con cartón, debuxos, cómics, un lapiceiro feito cun tetrabric, ... Algúns destes momentos foron:...
E tamén a mestra fixo entrega dos premios aos alumnos con mellor comportamento do trimestre que esta vez foron: ... David, Daniel, Ana, Jesús, Arantxa e Andrea.