(2010-2011) Nós tamén votamos
Cando chegamos pola mañá, atopámonos no corredor cunha mesa que tiña enriba unha caixa, e alí tamén estaban os pais/nais dalgúns compañeiros/as.
Decidimos ir a "investigar" para que serviría e porque tiñan que estar alí algúns pais/nais "vixiando".
Dentro da caixa había algúns papeis que meteran outros pais e nais.
Cada que comentou a súa idea de "para que serviría aquela caixa con aqueles papeis", ata que un compañeiro comentou que era una "votación" e que os pais estaban alí para vixiar que cada un metese "un só papel" na caixa.
Ademais atopamos unha lista onde algúns nomes estaban tachados, seguro que os xa meteron o seu voto.
Descubirmos ó final que se trataba dunha votación entre os pais/nais para o "Consello escolar", e que podían votar os pais/nais de tódolos nenos/as do colexio.
Xa na clase pensamos que estaría ben facer a nosa votación na clase, así que todos xuntos (as dúas aulas) dedicimos votar para escoller quen nos gustaba máis das persoaxes de "Dora a exploradora", que todos coñeciamos.
O primeiro foi escoller ós nenos que vixiarían a "mesa de votación", decidimos que foran os encargados de cada unha das aulas.
Logo chegou o momento de que cada quen escribira no seu papel quen era o seu personaxe preferido, ademáis como estaban na clase pegado co seu nome foi doado de escribilo.
En orden e "vixiados" polos responsables da mesa electoral fomos deixando o noso voto en segredo.
Cando xa votaron todos, e como non nos ía dar tempo a "contar os votos" e ver quen gañou, puxemos un cartel na caixa avisando que non se podía abrir, ata que estiveramos todos listos.
Antes de contar os votos, preparamos o panel onde iamos ir anotando os resultados, algúns escribimos os nomes dos candidatos.
Mentras os demais buscamos no ordenador "fotos" de cada un deles para pegarllo ó lado do seu nome.
Co taboleiro preparado, chegou o momento de recontar os votos,os dous "membros da mesa de votación", foron os encargados, un deles lía os votos e o outro poñíalle un gomet por cada un dos votos.
Se algún voto non podía ser lido, porque non se entendía, poñíamoslle o gomet en "voto nulo".
Cando rematamos, contamos os gomets de cada un e escribímoslle o número ó lado de cada un. Finalmente o gañador foi "BOTAS".
Xa coa votación rematada, fixemos a nosa "folla de escrutinio" persoal, poñendo o mesmo número de gomets na súa folla.
As veces había que ir a comprobar no taboleiro se os tiñamos todos ben postos nas follas de cada un.
Así quedou a folla de votacións cando rematamos.