(2010-2011) Celebración do Magosto
Durante esta semana, no terceiro ciclo, estivemos a investigar sobre os animais e froitos máis propios desta estación do ano.
Para elo, cada un de nós tivo que recoller a maior información posible sobre o que lle tocara e logo plasmala a modo de esquema. O resultado foi o seguinte:
Costou un pouco o plasmar a información deste xeito, pero pouco a pouco fórono facendo. O resultado foi bastante bo.
Aquí vemos algúns exemplos:
Ademais tamén nesta semana celebrámolo Magosto. Este foi o Programa da Festa:
A partir do recreo participamos nos 8 xogos que tiñamos preparados no pavillón.
E como remate fomos a comer as castañas asadas.
Tamén aproveitamos o Magosto como tema para traballar como se facía unha entrevista. Elaborámola na clase entre todos. Preparamos 5 preguntas que nos parecían máis interesantes e cinco de nós fumos á clase de 4º a recoller as respostas dos nenos e nenas sobre o a Festa.
Aquí vemos algúns dos momentos da entrevista: