(2010-2011) Mes de outubro- En qué andamos a traballar estes días
Xa hai tempo que non vos ensinamos e contamos nada do que estamos a facer.
Esta semana pasada xurdiron na clase conversas moi interesantes en torno a varios temas e finalmente e despois de votar todos para decidir sobre cal iniciar unha investigación, estamos a traballar e investigar sobre os VOLCÁNS.
Noutra páxina vos contaremos con detalle o que traballamos e o que descubrimos.
Pero neste mes de outubro fixemos moitísimas cousas; de xeito paralelo a chegada do outono e á preparación das festas relacionadas, seguimos a decorar a clase
En setembro fixéramos debuxos de nós mesmos para decorar a porta de entrada xunto coa foto de grupo e follas pintadas por nos.
Tamén levamos unha foto de grupo que pegamos nunha cartolina, xunto co horario de clase, e decoramos. Parecía un marco de fotos de verdade!
Ademáis, no recanto das rutinas do encargado, na alfombra onde falamos todos os días, cambiamos a ventana do tempo, que xa estaba moi vella, por un mapa de Galicia, onde está indicado con un puntiño ónde os atopamos nós, en Campo Lameiro
e debuxamos algúns símbolos característicos do tempo, para poder pegar no mapa cada día, como nas noticias.
aquí fáltanos a tormenta que cando sacamos a foto aínda non a debuxáramos.
Tamén seguimos a asistir a clase de Informática, e as primeiras semanas, traballamos coa pantalla dixital, buscando fotos do que nos interesaba, mirando as de clase e participando en xogos, sobre todo para que os de 3 se familiarizasen con eles e co seu funcionamento.
Na aula tamén seguimos a amosar moito interese polo proxector de luz e facemos montaxes moi orixinais, e o que máis nos atrae de todo son as pezas de cores que se reflexan na parede.
Pero como mellor se ve é cando oscureces toda a clase; ásí é chulo de verdade.
E un día ata nos fixeron un regalo moi moi interesante, un "caleidoscopio" que un neno da clase e a súa nai atoparon nunha tenda e nos mercaron un para a nosa clase e outro para infantil 2.
Aquí estamos probándoo e comprobando que se ven as cousas repetidas, moitas, moitas veces e pequeniñas,
Este neno que nolo regalou, decidiu poñerlle de nome "mirador", que soa máis fácil.
Nos escribímolle entre todos unha carta a él e a súa nai (con quen foi a mercalo) dándolle as gracias.
A NOSA CLASE E O NOSO COLE- O MÁIS SIGNIFICATIVO
Estamos a confeccionar un libriño individual sobre o máis relevante da nosa clase e os nosos profes así como do cole e finalmente o reflexamos nun gran mural para amosarlle aos nenos grandes cómo é a nosa aula, que hai nela e que facemos nos distintos recantos.
Aínda non o rematamos de todo pero en canto esté listo o poderedes ver no corredoiro e abrir as súas finestras a ver qué se esconde detrás.
Como este ano temos por fin parque novo, e os nenos da outra aula de infantil fixeron un gran mural con todos os seus xogos, un día estivemos observándoo e comentándoo entre todos.
Quedou claro que o xogo que máis nos gusta á maioría é a roda. Logo debuxamos na clase o xogo preferido e pegamos unha foto do parque onde lle puxemos o título que os nenos de Infantil 2 inventaron "parque novo", pois previamente estivemos a diferenciar e atopar o título no mural.
Como xa estaba escrito só tiñamos que copialo.
O OUTONO
Como cada curso, observamos e conversamos sobre o máis destacado desta época, recollemos follas, as pintamos, creamos con elas, buscamos en internet froitos do outono, e os temos nunha cesta na clase; aínda nos quedan moitos por traer
debuxamos as nosas árbores espidas,
e tamén estamos a decorar o corredoiro con froitos xigantes.
Primeiro os pintamos con témpera,
e cando están secos, os enchemos con bolas de papel de periódico
e mirade que bonitos quedan colgados do teito.
Facendo as bolas de papel para enchelos tamén xogamos a imaxinar qué podía ser ese anaco de papel, e se nos ocurrían cousas divertidas, como por exemplo estas dúas,
UNHA MAZÁ
UN TELÉFONO
Tamén estamos a confeccionar as nosas cestas para o magosto e facendo un libro dunha castaña, pero isto o imos a deixar para contarvos noutra ocasión.
Ata pronto!