(2010-2011) Facemo-las novas normas da aula
Na nosa aula xa tiñamos unhas normas que fixeramos o curso pasado, pero como estaban moi vellas e ademáis, temos novos compañeiros, decidimos voltar a facelas de novo.
Primeiro, entre todos e todas, decidimos "que cousas SI se poden facer na escola e cales NON". Todos xuntos as escribimos no encerado na columna que lle correspondía en cada caso.
Logo, cada un foi facendo de "fotógrafo" e tomou fotografías das normas que escribiramos, os demáis compañeiros/as foron facendo de "actores" e representando as diferentes normas.
Cando xa estaban feitas tódalas fotos, e cando todos foron fotógrafos e "actores", metímolas no ordenador e imprimímolas.
Unha a unha ían saindo pola impresora.
Ó final conseguimos xuntar todas estas fotografías... eran unha chea delas.
Para organizalas decidimos pegar en follas verdes as cousas que si se podían facer, e en follas vermellas aquelas que acordamos non se poden facer na aula.
Para que non se nos esqueza, debaixo de cada foto fomos escribindo a norma á que se refería a imaxe. Como xa as escribiramos entre todos no encerado tan só tivemos que ir buscando onde estaba a que lle tocaba á nosa foto.
Así quedaron as normas das cousas que NON se poden facer...
E así as de aquelas cousas que SI podemos facer.
Agora podemos consultalas cando queiramos, e ademáis poderemos engadir novas normas segundo vaian "facendo falta".
Como nos gustaron tanto, pensamos que estaría ben levar as mesmas normas para a nosa casa, de modo que as familas tamén puidesen coñecelas.
Para iso collimos un folio vermello e outro verde, e neles voltamos a pegar as fotos das normas, esta vez máis pequeniñas.
Cando o teñamos rematado ímolas levar para casa.