(2010-2011) Temos un parque novo, queres saber como é?
Por fin temos un parque de xogos novo, que xa podemos empregar nos recreos, para que todos e todas coñecesen tódalas cousas ás que se pode xogar nel, decidimos facer un mural para penduralo no corredor.
O primeiro foi debuxar "o chan do patio" nun "papel xigante", despois de falar un pouco sobre o asunto, acordamos que a forma que tiña era de un "rectángulo".
Anxo, que era o encargado ese día, ocupouse de poñerlle a porta pola que entramos ó mesmo.
Por parellas fomos pegando as fotografías dos "columpios" e xogos que hai no patio novo, escribíndolle debaixo como se chamaban.
Sabes que hai 13 xogos distintos? soubémolo contándoos cando xa estaban todos pegados, e comprobamos que no patio había os mesmos.
Cando xa tiñamos pegadas tódalas fotos dos xogos, había que marcar a reixa que ten ó redor, como é de cor verde pensamos en "debuxala" con gomets de cor verde.
Con tódalas fotos xa pegadas, un compañeiro tivo a idea de pintalo. Tras discutir un ratiño acordamos pintalo das mesmas cores que tiña o patio de verdade.
O chan era de cor vermello:
E por fora do patio nas zonas de herba pintámolo de cor verde, na zona de cemento de cor gris e na zona da carretera de cor negra.
Só quedaban por facer os últimos retoques.
POÑÉMOSLLE UN TÍTULO:
Agora só faltaba poñerlle un título "PARQUE NOVO", pero cando xa tiñamos as letras listas caéronos todas ó chan se mesturaron as unhas coas outras.
Vaia desfeita!
Primeiro observabmos que eran letras de dúas cores, unha verdes e outras negras, e agrupámolas segundo a súa cor, xa que eran dúas palabras.
Logo entre todos fomos ordenándoas e pegándoas no mural.
Por fin tiñamos listo o título do mural!
ONDE O PEGAMOS?
Co mural xa rematado chegou o momento de buscarlle un sitio no corredor onde todos puideran velo, cada quen suxeriu un sitio.
Ó final atopamos un sitio que nos parecía o mellor, pero alí xa había un mural do ano pasado, feito polos nenos e nenas da clase do lado...
Acordamos ir a preguntarlles, ós nenos/as é a profe Ángela, se o podiamos quitar, e por suposto que nos deixou.
Así pois, quitámo-lo mural vello:
Levamos o noso mural entre todo ata o corredor...
Na porta tivemos que organizarnos para facelo pasar sen rompelo.
E por fin puidemos pegalo no seu sitio.