(2009-2010) En busca do tesouro: xogo de pistas de fin de curso
O último día de curso, tiñannos unha sorpresa preparada, iamos xogor a atopar un tesouro agochado.
O primeiro foi xuntar as dúas clases e facer tres equipos:
Spiderman:
Supermán:
Batman:
Cada equipo comezou cunha pista dentro dun sobre, que nos iría levando por todo o colexio en busca do tesouro.
Todos xuntos tentamos "descifrar a primeira pista"
Outra tíñana os compañeiros e compañeiras de primeiro, que o ano pasado estaban connosco.
As pistas fichéronnos subir e baixar as escaleiras...
Outra pista estaba dentro da caixa de reciclar papel.
Debaixo da mesa do despacho de secretaría tamén atopamos unha das pistas.
E ata debaixo da escaleira, detrás do mural do mar, se agochaba unha das pistas.
Tivemos que buscar polo xardín, unha das pistas máis complicadas de atopar...
Que o final estaba enterrada debaixo da terra, e sinalizada cunha baideira de cada equipo.
A algúns dos equipos custoulle máis que a outros atopala.
O que estaba agochado ¡ERA UN MAPA DO TESOURO!
Seguindo mapa tivemos que ir por varias zonas do colexio ata chegar ó tesouro, que estaba marcada cun "X" de cor vermella, como nos mapas dos piratas.
Ó final os tres equipos chegamos xuntos á última pista...
A última pista dicía que o tesouro estaba na entrada.
Entre todos pensamos "cal podía ser o tesouro"
Que resultou ser un coche de xoguete para cada un.
Andrea repartiu os coches a todos os "investigadores"
Ó final xogamos todos xuntos cos coche que se atopaban no tesouro.
Xa no recreo nos atopamos cos compañeiros e compañeiras de terceiro que estaban a celebrar unha festa, á que nos convidaron a participar.
Para rematar o día asistimos a unha sesión de contacontos.