Cuestionario sobre a lingua materna para as familias do alumnado de 3 anos
Segundo o indicado no decreo 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario, o profesorado empregará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, a cal virá determianda pola Administración Educativa, tendo en consideración unha pregunta que se lles fará antes de comezar o cuso escolar.
Atendendo ás instruccións da Consellería de Educación e O.U., as familias do alumnado que comezará no primeiro nivel do segundo ciclo de Ed. Infantil (3 anos) responderán antes do comenzo do curso, e entregarán na secretaría do centro, a unha pregunta que se inclúe nun anexo remitido ós centros e que pode descargarse de seguido.
Terá a consideración da lingua materna predominante (artigo 5º decreto 79/2010) aquela que obteña o resultado maioritario entre as familias, sen perxuizo da lingua do contorno e da necesaria atención individualizada a cada alumno na súa lingua materna. Esta lingua materna predominante manterase ó longo de todo o ciclo para dito grupo, e será de aplicación para o alumnado que se incorpore con 4 ou 5 anos ó mesmo con posterioridade.
Descarga o cuestionario sobre a lingua materna:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Pregunta sobre a lingua materna do alumno/a | 127.9 KB |