Festa das Letras Galegas 2010
O día 14 de maio, celebramos o Día das Letras galegas.
Participamos tódolos nenos e nenas do colexio.Os de 6º cantáronos o Himno galego coma un rap.
5º e 6º tocáronnos o Himno galego.
As nenas e nenos da clase de pandeireta tamén nos tocaron algo con moito saleiro.
Os nenos e nenas de 3º bailaron unha danza que era moi difícil pero a verdade é que deixaron sorprendida á profesora de música.
Aquí temos ós nenos de 5º que acompañaron ás nenas de 3º cun poema de Uxío Novoneyra.
Os de 6º acompañaron ós de 4º
e os de 4º acompañaron a Miriam co seu poema .
Os de 1º e 2º tocaron e cantaron de medo,estaban moi atentos e atentas.
Aquí os reis e raiñas do colexio, tamén tiveron o seu momento,cantaron e tocaron de marabilla...!
Aquí o momento do Paraugas do Xosé ,que se via que era ben malo,tan malo era que aínda que non chovía o paraugas nin cerraba nin se abría.