(2009-2010) Facemos un regalo de barro para o día da nai
Como regalo do día da nai, que tiñamos marcado no calendario, falamos que fariamos un bote feito con barro.
O primeiro foi anotar todo o que iamos necesitar por se tiñamos que mercalo ou buscalo no almacén.
Por equipos encargámonos de escribir unha lista das cousas que iamos necesitar.
Pegamos a lista no encerado para que "tela sempre a man".
Antes de comezar era moi importante abotoar ben o mandilón, para non mancharnos moito co barro.
Puxémonos mans á obra, ademáis ese día estaba tamén a profe Vane na clase e pudo axudarnos un pouquiño.
Cando rematamos puxémolos a secar, seguro que tardaria uns días en estar listo.
Días despois, cando xa estaban secos, cada quen decidiu como quería pintar o seu bote.
E outra vez, tiveron que quedar secando no chan.
Cando xa estiveron secos, organizámolos e fixemos unha tarxetiña co noso nome para poñerlle diante e non confundilos uns cos outros.
Chegou o momento de decoralo con gomets pola parte de arriba.
Tan só quedaba envolvelo e que parecese un regalo. escollemos a cor que queriamos para o noso regalo (vermella ou azul).
Fixemos unha bola de periódico para meterlle dentro e que non rompese polo camiño.
Logo puxémoslle o celofán da cor que cada quen elexiu e atámoslle un laciño.
Cando o tiñamos listo fómolos colocando onde estaba a tarxetiña co noso nome.
Tan só quedaba escribir unha tarxeta de felicitación en cor laranxa e pegarlla no regalo.
Xa estaban listos para levar á casa, con moito coidadiño porque se caían ó chan podían romper.