(2009-2010) PINTAMOS Ó RITMO DA MÚSICA
Antes de comezar as vacacións de Semana Santa, un día adicamos unha sesión a facer esta actividade, que como nos resultou moi divertida, vola contamos.
Reunímonos todos nun recanto onde dispoñemos dun panel,
e a profe fíxonos escoitar unha música que se chama "clásica".
As veces soaba moi rápido e forte e outras máis despacio e baixo, e propúxonos pintar con pinceis e tres cores: branco, verde e morado
ó ritmo da música, según soase rápido ou lento,
E así pintábamos nos con pinceladas rápidas e "fortes" ou moi despaciño,
E así foi como quedou finalmente o noso "cadro", coa mezcla das tres cores e das pinceladas de todos os nenos e nenas.
Despois de rematar coa nosa obra, adicamos un tempo a recoller, lavar pinceis e limpar as mesas.
Como o cadro ten forma rectangular, o engadimos os que xa temos na clase coas distintas formas xeométricas, pintados por nos.
Ademáis outro día adicamos un ratiño a pensar títulos para o noso cadro e como un dos títulos suxeridos foi "Campo", por suxerencia da profe cada neno se debuxou e pegou no campo do cadro e tamén pintamos moitos soles e esta gran finestra onde se vían os nenos o campo e o sol, a colocamos no recanto da casiña.
Desexamos que así o sol primaveral veña para quedarse un tempiño!