Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2024-2025) Decidimos descubrir cousas sobre Exipto. Comezamos o noso proxecto de investigación

Unha vez pasadas as primeiras semanas do curso, chegou o momento de decidir,  entre todos e todas, cal sería o tema da nosa investigación deste curso.

Despois de varios diálogos, e a través dunha choiva de ideas, fomos escribindo unha lista de posibles temas, indicando para cada un deles que é o que queríamos descubrir, ou porque considerábamos que ese tema sería interesante.

 

      

Como eran moitas ideas, fomos reduncindo a lista a través de sucesivas votacións "a man alzada".

 

       

Ata que nos quedamos con estes 5 temas posibles

   

Para poder elixir entre eles, organizamos unha "votación democrática" con tódalas garantías e, para segurarnos de que o facíamos ben, visualizamos un vídeo de como eran as "eleccións", e de todo o que precisaríamos.

    

Buscamos todo o material que necesitabamos e ata eliximos, por sorteo, o presidente da "mesa electoral". Acordamos entre todos e todas cales serían as súas funcións.

   

Comezou a votación, escollendo cada quen que tema preferia. Rodeándoo na "papeleta" onde aparecían o nome e a imaxe de cada un dos candidatos.

   

O presidente verificou que o proceso era "limpo", posto que cada un dos votantes tivo que presentar o seu carnet, para que o presidente o tachase na lista, e así non puidese votar varias veces e facer trampas.

   

Rematada a votación chegou o momento de facer o reconto.

    

Resultou gañador EXIPTO, porque tiña un número maior de votos.

      

Fixemos un segundo reconto de papeletas para asegurarnos do resultado. Estaba correcto.

        

Preparamos o mural da investigación, onde iremos anotandoo todo o que vaiamos descubrindo.

Escribimos nel o título do proxecto de investigación, cunha imaxe identificativa do mesmo.

   

Tamén anotamos o que acordamos que queríamos facer con todo o que descubramos: un vídeo-documental e construír unha pirámide na aula.

     

Xa con todo preparado comezamos anotando, coas aportacions de todos e todas, o que xa sabíamos sobre Exipto.

    

Cando rematemos de investigar voltaremos a esta lista, para comprobar o que pensamos entón.

     

Tamén anotamos o que queríamos descubrir na nosa investigación.

    

Tamén preparamos a táboa de como nos imos organizar, par ir anotando nela o número das preguntas que investiguemos, ben en cada equipo cooperativo como en gran grupo.

 

   

Tamén deixamos listo o noso recanto da investigación, que aínda non ten información, así como o recanto online da investigación na web do colexio.

   

Dialogamos tamén para decicir "onde iamos buscar as respostas", buscando e imprimindo imaxes de diferentes "fontes de información"

    

Anotámolas no mural.

   

E así quedou listo para comezar a anotar os nosos descubrimentos.

     

Tan só nos quedaba peparar unha nota para levar a casa, pedindo axuda para topar toda esta informacion que precisamos. (Podes descargar a nota no arquivo adxunto de seguido)

    

Nas vindeiras semanas continuaremos a recibir información e comezaramos a buscar as respostas ás primeiras preguntas.

Poderedes estar ao tanto da nosa investigación neste mesmo blog.

   

     

AdxuntoTamaño
nota_familias_exipto.pdf698.64 KB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.