(2024-2025) Remata outubro, pero non o traballo, aquí tedes todo o que fixemos este mes!
Segundo mes de cole e xa estamos metidos de cheo en todo tipo de proxectos e actividades! Pero iso é o que nos gusta, non parar en toda a mañá e facer todo tipo de actividades, como por exemplo...
En plásica comezamos facendo manualidades sinxelas como unha estrela e unha árbore, iso si, a elboración ten truco. Para traballar a motricidade, fixemos estes dous elementos a través de diferentes técnicas para traballar a motricidade. Nesta ocasión demos uso a bastoncillos dos oídos e anacos pequenos de cartulina, todo feito a man e axudándonos entre nós.
Despois temos os contos que, por suposto, están presentes todos os días na nosa aula. Dende a lectura dos mesmos, ao rexistro ou reflexión sobre o contido; cada vez que collemos un conto, a experiencia vai da man de unha actividade onde, entre outros aspectos, reforzamos a lectoescritura dando uso a diferentes soportes.
Tamén estamos inmersos no noso proxecto sobre arte rupestre en colaboración co PAAR. Por agora estivemos ampliando os nosos coñecementos sobre pinturas rupestres, onde podemos atopalas, cales están na nosa contorna... e tamén inspiracións artísticas para reinterpretalas. Isto vai ser moi importante, pois de cara a novembro comezaremos a traballar nunhas produccións moi especiais. Paciencia, falta moi pouco para que as poidades ver.
Outra actividade que continuamos a facer, e a invención do noso conto semanal. O argumento, as ilustracións, os protagonistas, os sucesos... Todo o que acontece nestes contos é producto da nosa imaxinación, ao mesmo tempo que traballamos aspectos como a lectoescritura, a coherencia do discurso, a creatividade, a toma de decisións, a dicción... E o mellor e que o pasamos xenial facéndoo!
Chegados aquí facemos unha pausa para consultar o "caixón desastre", é dicir, esas actividades esporádicas ou momentos que o mestre fotografía e que queremos compartir igualmente con vos. Como poidedes ver somos un grupo pequeñeno, pero somos un equipo no que nos axudamos uns a outros.
Entre todo isto, o profe Paulo trouxonos a clase o panel das merendas saudables, que xa comezamos a encher cos puntos correspondentes as nosas merendas. A cousa está moi igualada, así que non baixedes o ritmo!
Como vedes, o traballo motriz é a estrela deste curso. Tanto a motricidade fina como a grosa son dous aspectos fundamentales no desenvolvemento dos nenos e nenas, e poñer probas acorde non so é importante, senón que da pé a xogos tan interesantes como os que podedes ver nas fotos. Traballar con pinzas, tinxir arroz, a galiña cega, o twister... Todo xogos divertidos e de gran aproveitamento para os máis peques.
Recordades que o curso pasado adiviñábamos co olfato un alimento sorpresa relacionado coa letra da semana? Pois ben, este curso repetimos, pero dando un pequeño xiro a actividade, agora temos que adiviñar usando o tacto. Así que moi atentos a nosa caixa misteriosa, porque nela pode aparecer calquer cousa.
Para os que non o saibades, a biblioteca é a nosa segunda casa este curso. Neste espazo xogamos, atendemos, aprendemos, debatimos... e moitas cousas más, nas nosas ultimas sesións alí, ademais de ler un conto, debuxamos o noso momento favorito do mesmo mentres dialogamos e debatimos sobre o contido. Pero iso non é todo, tamén estamos a argallar un novo proxecto dende a biblio, onde teremos un papel moi importante...
Outra novidade deste curso é que a nova auxiliar de conversa, Juliana, vai acompañarnos unha hora á semana para mellorar o noso inglés. Sen dúbida iso de CEIP PLURILINGÜE Pedro Antonio Cerviño está máis presente que nunca.
Ea por suposto, non hai cole sen festa, por iso non podemos deixar fora a nosa celebración do Samagosto! Axudamos coa decoración, elaboramos cestas e desfrutamos un día xenial coas nosas familias, rodeados de castañas e unha chea de xogos que fixeron deste día un para recordar.
E para rematar, celebramos os aniversarios deste mes. Miguel Ángel e Jesús cumpliron catro años, e que mellor forma de facelo que elaborando tarta e batidos para a celebración. Dividímonos en dous equipos, e cada un púxose a traballar no menú. Nesta ocasión escollemos a tarta de oreo e o batido de pomelo, plátano e leite de avea... Estaba riquísimo! De feito, este obradoiro de cociña foi tan chulo que ata os compañeiros de primeiro e segundo viñeron a axudarnos na elaboración.