Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2024-2025) E ademáis, nos meses de setembro e outubro... tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

Nos meses de setembro e outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, e outra chea de responsabilidades.

   

Continuamos a separar os lixo das nosas merendas, e da aula, nos diferentes contentores de cores.

 

    

Tamén comenzamos visitar o "composteiro" do colexio, para enchelos cos restos orgánicos do noso lixo, e asi observar como se transforma en compost co paso do tempo.

   

Coa axuda dun dos nosos robots, O Beebot, organizamos a lista de quendas para levar a mochila de lecer.

   

Decidimos que queríamos meter dentro da mesma.

   

E seguindo as quendas acordadas, comezamos a levala para casa semanalmente, escollendo cada un libro da biblioteca do centro para meter dentro, xunto cos xogos, películas, revistas... que tamén ían dentro.

   

Cocemos a "Juliana", una profe (axuliar de conversa) que veu de Texas en "Estados Unidos de América", e que "só fala inglés". Descubrimos de onde viña... estaba "moi lonxe".

 

   

Pasámolo xenial traballando con ela en inglés.

        

Comezamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.

   

Xogamos a "pensar" con imaxes ocultas e vídeos, para desenvolver os nosos "piares de pensamento" a través do díalogo (filosofía para nenos/as).  

     

Comezamos o préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

     

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

   

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.