(2024-2025) Chega o "SAMAGOSTO": así celebramos o Samaín e o Magosto.
Este curso celebraríamos o Samaín e o Magosto na mesma data. Sinalamos o 30 de outubro, no noso calendario online, como a data do "SAMAGOSTO".
Pero antes desa data tiñamos moito traballo por diante.
Creamos unha pantasma xigante, para pendurar na entrada do colexio, e asustar a todo o mundo.
Uns ollos de cor verde, seguro que farían que fose aínda máis terrorífica.
Rodeámola de pequenas pantasmas moi simpáticas.
Tamén pintamos unha "araña xigante"... onde a iríamos a poñer?. Pronto o saberedes ;).
Xa rematado, asi de fantástica (e terrorífica) quedou a nosa pantasma.
Que habería dentro da súa boca? (pola que se podía pasar).
A araña terrorífica da que vos falamos anteriormente.
Agora si que daba medo!
Recollimos as castañas que empregaríamos na celebración do Magosto.
Creamos tamén nosa propia cabaza de Samaín, deseñándoa e valeirándoa.
Organizamos tódalas cabazas que trouxemos da casa para o "concurso-exposición", xunto coas dos compañeiros e compañeiras de todo o centro.
Creamos as cestas para meter as castañas na celebración do MAGOSTO, por un lado era unha cabaza e por outro unha castaña.
Despois de tanto traballo, por fin chegou o gran día da celebración do SAMAGOSTO, tal como tiñamos marcado no noso "calendario online".
Ese día viñemos todos e todas disfrazados, para comezar coa celebración do SAMAÍN.
A que estamos terroríficos diante da nosa pantasma?
Participamos nun "contacontos de medo"... ou casi ;)
Fixémonos fotos terroríficas no fotomatón, co croma verde. Escollendo o fondo da imaxe por equipos.
Se queres ver tódalas fotografías terroríficas que tomamos no fotomatón, podes facelo facendo click nas seguintes imaxes:
Tamén votamos a nosa cabaza favorita, se queres velas todas, podes facelo no seguinte vídeo:
Creamos unhas máscaras terroríficas.
Un descanso para merendar e xogar no patio...
... e asistimos á entrega dos premios ás cabazás máis votadas.
A de KARINA foi a elixida en Infantil 2.
E a de ZAHARA en Infantil 1.
Pero todos e todas levamos para casa un diploma, pola nosa fantástica participación.
Chegou despois o momento de celebrar o MAGOSTO, con xogos populares que organizara o profe Paulo no patio.
As nosas familias viñeron a ver que ben o pasabamos, e a xogar connosco nalgúns deles.
Rematados os xogos probamos as castañas asadas, usando a cesta que fixeramos para o SAMAGOSTO.
Estaban boísimas!!!.
E así rematamos esta xornada, pero lembra que podes ver tódalas imaxes da celebración do SAMAGOSTO 2024 no colexio, no seguinte álbum da galería fotográfica: