(2024-2025) IGUANA, "TIBURÓN" e PANDA: estes son os tres equipos cooperativos para estre curso.
Chegou o momento de organizar os equipos cooperativos que este curso teremos na nosa aula, e nos que traballaremos en diferenes tarefas que se propoñan ao longo do mesmo.
Unha vez coñecido en que equipo estaría cada quen, cada equipo escolleu como se chamaría.
Esta foi a súa decisión, dialogada e acordada en cada equipo.
EQUIPO IGUANA:
EQUIPO PANDA:
EQUIPO "TIBURÓN"
Cada equipo escribiu no panel interactivo o nome do seu equipo para non esquecerse, e poder usalo logo cando completaran o seu panel.
Despois de acordar, de forma dialogada dentro de cada equipo, cal sería a cor identificativa de cada un, chegou o momento de pintar "de modo coordinado" o panel do mesmo. Tiñan só un pincel e un panel para pintar entre todos e todas.
Tamén tiveron que chegar a un acordo, dentro de cada un dos equipos, para escoller una imaxe identificativa, para pegalo no panel correspondente.
Con ela imprimida xa estaba lista para poñela no panel.
Cada un dos equipos completou o seu panel, que pintara anteriormente, coa foto que escolleran, a foto do seu equipo, o nome do equipo (con letras móbiles) e nome escrito por cada un dos integrantes do mesmo.
Así de fantásticos quedaron os paneis, unha vez rematados:
Por último, cada un dos equipos levou a cabo a "auto-avaliación" figuro-analóxica, onde valoraron como lles fora o traballo dentro do seu equipo nesta ocasión.
Xa nos veredes empregar estes nosos novos equipos cooperativos a partir de agora, nas diferentes entradas que publicaremos neste blog.