Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2024-2025) Coñecemos aos novos mestres e mestras. Refacemos as normas da aula

Co paso das semanas, continuamos a "poñer en marcha a nosa aula" neste novo curso que acaba de comezar.

Reencontrámonos cos mestres e mestras do curso pasado, e coñecimos aos novos que virán á nosa clase este curso.

Para poder presentarllos aos novos compañeiros e compañeiras de 3 anos, e saber que pasaría cada día en INFANTIL 2, creamos un "HORARIO SEMANAL".

  

Nel, ao longo dunha semana, fomos anotando e pegando as fotografías dos mestres/as que viñeran ese día á nosa clase, así como outro feitos relevantes. As mesmas imaxes e iconas son as que aparecen diariamente no noso calendario online e no rexistro do calendario da aula. 

      

Levámolo para casa, cando rematou a semana, e así xa podemos anticipar cada día que sucederá na nosa aula.

       

Outro dos traballos que realizamos ao longo destas primeiras semanas de curso foi, "REFACER AS NORMAS DA AULA", posto que as que había eran do curso anterior, e non participaran na súa elaboración os novos compañeiros e compañeiras.

    

O primeiro foi decidir entre todos e todas, que "cousas" se podían facer e cales non, na aula e no colexio. Fómosllas dictando ao profe, que as foi escribindo no panel interactivo.

   

Logo dramatizamos cada unha delas, para tomar unha fotografía de cada norma. Organizámolas co número que lle correspondía a cada unha, segundo a lista que acordaramos.

   

Escribimos o texto que se correspondía a cada unha das imaxes tomadas, é dicir á norma acordada.  

    

E, novamente, fomos colocándoas debaixo da imaxe que lle correspondía.

    

Coas imaxes e os textos xa rematados, chegou o momento de pintar con témpera "panel das normas". Precisamos organizarnos para pintar, todos e todas á vez, de forma coordinada, 8 cadrados de diferentes cores, pero sen mesturalos.

Falando e acordando a forma de facelo demos conta do traballo, colaborando entre todos e todas.

  

Coa pintura xa seca, pegamos os textos e fotografías de cada unha das normas no mesmo, escollendo en cal das cores facelo.

   

Tan só quedaba tachar as "imaxes" das normas "negativas", é dicir aquelas que indicaban o que non se podía facer. 

     

Agora xa podemos consultalas sempre que as necesitemos ou cando xurda un conflicto. 

     

Creamos tamén un panel de normas "individual", máis pequeno, para poder telo nas nosas casas, e explicarllo ás nosas familias.

    

Colocamos cada imaxe na mesma cor que no panel das normas, e escribimos o texto correspondente.

   

En próximas entradas seguiremos a contarvos todo o que suceda en INFANTIL 2. Agárdannos moitas aventuras "interesantes".

    

   

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.