Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2024-2025) Comezamos un novo curso con moitos cambios e novidades

Estamos de volta!

Como todos os anos, damos a benvida a un novo curso escolar este mes de setembro. Mais este curso é algo distinto, pois aínda que somos un grupo máis pequeno, as experiencias que imos vivir xuntos serán do máis enriquecedoras para todas e cada un das persoas que pasamos tempo na aula. Tanto mestres e mestras, como alumnado.

De feito, xa antes de entrar na clase retomamos un das nosas responsabilidades do curso pasado: o coidado das plantas aromáticas da entrada.

Por certo, falamos do novo grupo de EI1 de este ano, pero aínda non coñecemos aos nenos e nenas que o forman. Para os e as que non os coñecedes, aquí están!

Unha das primeiras tarefas que asumimos, foi a de elaborar o material necesario para levar a cabo as rutinas da aula. Os carnets, as bandexas para a merenda, decorar os nosos caixóns... Detalles que fan que sintamos a aula como o noso propio fogar. E por suposto, nos axudamos entre nós para completar as tarefas, que para iso somos un grupo!

E por suposto, este mes houbo moito, pero que moito xogo. Aproveitamos este parágrafo para mencionar e agradecer toda a axuda que tivemos por parte da nosa coidadora, Ana, a PT da escola e mamá de Sofía. Grazas a súa colaboración, e por suposto aos nenos e nenas da clase, todos e todas poidemos desfrutar do tempo de lecer facendo accesible o xogo a todas.

Outra das actividades que desenvolvemos este mes foi a de explorar a nosa escola. O fixemos a través dunha xincana de globos que nos foi descubrindo as distintas estancias do cole; onde atopamos globos coas nosas caras, pero... para que? Moi sinxelo, en usos múltiples agardaban unhas siluetas nas que pegamos as caras e pintamos ao noso gusto. Ademais, rexistramos as aulas visitas nun plano super chulo que podemos utilizar se nalgún momento nos perdemos.

Unha das novidades deste curso, e que todas as semanas levaremos a cabo actividades sensoriais para achegar ao noso alumnado a distintas sensacións a través dos sentidos. Este mes, por exemplo, traballamos con burbuxas e con espuma de cores. Como podedes ver nas fotos, foi super divertido, polo que aprendemos ao mesmo tempo que experimentamos con texturas e materiais de distinto tipo.

Outros dos grandes protagonistas este curso serán os contos. A lectura, o rexistro de contos, a comprensión lectora, a creación de contos... Non hai día que os contos non teñan presenza na nosa aula, o cal nos permitirá traballar aspectos como a atención, a lectoescritura, a comprensión oral... e moitos outros asepctos, ao mesmo tempo que desfrutamos da amplia selección de contos da nosa escola.

E para os habituais deste blog, falta un tipo de actividades por presentar que nos gustan moito... as artísticas! En setembro, probamos a pintar con pelotas de ping pong e témperas, o cal permitiu que todas e todas tivesemos acceso a actividade do mesmo xeito. E sobra dicir que o resultado foi precioso!

Isto e todo, por agora. Pois moi pronto estaremos de volta con máis actividades!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.