(2024-2025) Así foron os primeiros días do curso: coñecendo aos novos compañeiros/as e descubrindo o colexio
Nestes primeiros días do curso sucederon unha chea de cousas na nosa aula, pero o máis importante foi volver a reencontrarnos uns cos outros, coñecer aos novos compañeiros e compañeiras e, por suposto, descubrir todo o que se pode facer na nosa aula e no colexio.
Xogamos xuntos para explorar todo o que temos na nosa aula. Facendo de guía dos novos compañeiros e compañeiras.
Creamos as nosas bandexas para a merenda, escollendo a imaxe do que queríamos que aparecese, para despois despois recortala, pegala e plastificala.
Cando xa estaban listas, comezamos a empregalas nas nosas merendas de forma autónoma.
Completamos algúns dos rexistros da aula e, entre outras cousas, puxemos os nosos nomes nas cadeiras, para saber cal era a que empregaría cada un.
Creamos os nosos carnets QR, con candansúa foto, escribindo o nome no ordenador (na cor que escolleu cada quen), pegando o código QR e, por suposto, o poñendo o noso selo do pingüin de Infantil 2.
Así quedaron unha vez rematados, listos para empregalos.
Agora xa o poderemos usar en moitos momentos da aula, como no rexistro do encargado.
Podes descubrir nesta entrada, de cursos anteriores, para que empregaremos o carnet QR ao longo deste curso.
Cambiamos a foto de grupo, que aparece no panel interactivo, nesta mesma web e, sobre todo na porta da nosa aula.
Entre todos e todas, traballando xuntos. demos feito o traballo.
Támen levamos unha foto "máis pequena", para as nosas casas. Así alí poderán coñecer tamén aos novos compañeiros e compañeiras.
Descubrimos as diferentes dependencias do colexio, xunto aos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, a través dun xogo "con globos numerados", que nos ían levando aos diferentes lugares.
En cada un deles había globos coas nosas caras, que fomos xuntando, día a día, ata que as atopamos todas.
Ademais fomos completando nun plano do colexio, pegando o luar onde foran aparecendo cada unha das caras.
Co paso dos días, ao longo dunha semana, demos atopado tódalas caras, despois de recorrer todo o colexio.
Cando conseguimos atopar todas, descubrimos una gran sorpresa... había que pegar cada cara, nas siluetas debuxadas do noso corpo. Tan só quedaba pintalas como cada quen preferise.
Unha vez recortadas, pendurámolas todas no corredor de infantil, como presentacion para tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.
En próximas entradas deste blog comentarémosvos todo o que vaia acontedendo, antes de rematar este mes; como refacer as normas da aula, crear o noso horario semanal, etc...