Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Nutrirecreos

Chega o final do curso e con el o momento de facer balance das merendas saudables. Dentro do programa Nutriescolas, dende o centro estamos a traballar nun proxecto que se chama "Nutrirecreos", e como ben di o seu nome, o que buscamos é que os nosos recreos estean repletos de merendas nutritivas e saudables. Para iso, elaboramos un sistema de puntos-recompensa que busca facer un seguimento da calidade e cantidade das merendas durante o curso. O obxectivo non é a competición, senón tomar conciencia da evolución e progresión da alimentación nosa alimentación durante os recreos de todo curso. E, obviamente, tamén é importante premiar a constancia e esforzo daqueles nenos/as que trouxeron máis merendas saudables, equilibradas e con menos residuos. 

É o momento de darlles un agasallo pola súa constancia.

Estes son os premiados. Parabéns!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.