Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Xincana de orientación en San Antonio

Como vén sendo habitual cada final de curso, subimos a San Antoniño de Penalba para realizar a nosa esperada Xincana de orientación por equipos. Despois dunha pequena camiñada dende o colexio ata a área recreativa, repuxemos forzas cunha pequena merenda para comezar cos retos. 

Xa distribuidos por equipos, tiñan que atopar candansúa baliza, entregárllela ao mestre/a e superar o reto correspondente. Houbo probas de tódolos tipos: retos motrices, pasapalabra, sopas de letras, adiviñas, etc. 

O diferentes grupos esforzáronse moito para buscar as probas e superar os retos, pero só un remataría primeiro. En calquera caso, o importante é que desfrutamos moito e esperamos repetir para o ano que vén. 

Agora a desfrutrar das vacacións!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.