Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Despedimos o curso e aos compañeiros/as que marchan para primeiro

Chegou o último día do curso, e con el o momento de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro.

Para despedilos, preparamos un baile que amosamos ás familias convidadas e aos restantes compañeiros e compañeiras do colexio.

     

Visionamos un vídeo de despedida, co noso paso por Infantil, desde que tiñamos tres anos.

     

Podes ver este vídeo de seguido.

   

Chegou despois o momento "da graduación", un por un, os que marchan para primeiro, foron recibindo a orla e un marco coa foto de grupo de regalo, de mans do profe PABLO e o profe ÓSCAR. 

       

Un foto de grupo de despedida. Estábamos guapísimos cos nosos birretes de "graduados".

    

Tamén o profe Paulo nos entregou os premios as "merendas saudables" ao longo de todo o curso.

     

Por suposto tamén asistimos á despedida dos compañeiros e compañeiras de sexto de primaria, que tamén se graduaban, posto que o curso que ven estarán no instituto. 

   

Tan só nos queda despedirnos dos compañeiros e compañeiras que o vindeiro curso estarán xa en primaria... de seguro que vos irá fantásticamente ben, e non esquezades de vir a darnos unha visita.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.