Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) E ademais no mes de xuño, antes de rematar o curso, tamén sucedeu todo isto

Nas primeiras semanas do mes de xuño, antes de rematar o curso, en Infantil 2 sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén sucedeu isto que vos contamos de seguido:

  

Elaboramos o noso boletín de autoavalición, contando o sucedido neste terceiro trimestre.

 

  

Coidamos as nosas cebolas no invernadoiro e recollímolas un dos úiltimos días, cada quen levou unha para casa.

    

Rematamos o noso dicionario xigante, coas últimas letras que nos restaban para elixir as nosas palabras favoritas,  empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das mesmas. 

 

Participamos nun obradoiro sobre igualdade entre homes e mulleres (coeducación) con Gloria. 

    

Participamos nos últimos "apadriñamentos lectores", cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º na hora de ler.

 

Como mellorou o tempo, comezamos tomar a merenda no patio... encántanos facelo!  

   

Rematamos a segunda ronda da "mochila de lecer" que levamos semanalmente, por quendas, para as nosas casas.

      

Cambiamos o mural do corredor para poñer o da nova investigación que xa rematamos "sobre os Peixes", tes máis información sobre todo o proceso na seguinte ligazón.

04/06/24: (2023-2024) Queres ver o documental que creamos para rematar a investigación sobre os peixes

Buscamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o Colexio, despois de camiñar ata San Antoniño; as diferentes pistas na Xincana, seguindo as pistas e superando "retos sobre a igualdade".

  

Tan só nos queda despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, no acto de despedida e graduación, que xa vos contaremos nunha próxima entrada.

    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.