Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Celebramos os últimos aniversarios do curso: mes de xuño e verán

No mes de xuño, tal como tiñamos sinalado no calendario onlinecelebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumprían anos neste mes (BREIXO), ou nos meses de vacacións (JULIA, MATÍAS e MANUEL), cando non sería posible celebrarlos lo no colexio.

Por esa razón, nesta última celebración do curso, os homenaxeados e homenaxeadas eran unha chea.

Coa axuda de todos e todas prepararon unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.  Escolleron a súa favorita no noso libro de receitas.

     

Os compañeiros e compañeiras das súas aulas, preparáronlle as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas. Tamén decoraron a súas coroas de aniversario.

    

Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a tarta seguindo os pasos da receita elixida. 

 

   

Despois de pasar unha noite no frigorífico, na data da celebración... 

 

      

... só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

     

Preparamos tamén a mesa para os nosos convidados e convidadas, contanto cantos pratos, vasos e garfos precisaríamos.

 

     

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz".

   

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.   

 

Estaba boísima!!!

     

Rematamos esta última festa con zume, algunhas patacas fritidas e gusanitos.

   

   

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.