Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Visítannos os compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A Galiña Azul"

Como cada final de curso recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da "Escola infantil" A Galiña Azul. Algúns deles estarán o vindeiro curso nas nosas aulas.

Preparámoslle uns marcos de agasallo días antes da súa visita, que tiñamos anotada no noso calendario online.

     

Cada un dos equipos de cada foi creando un marco para os "nenos/as" que virían de visita. 

       

Sen esquecernos de escribirlle detrás o nome de cada un, para que non se mesturaran.

 

Cando por fin chegou o gran día, saímos a recibilos en canto chegaron, onde tamén nos reencontramos coas nosas profes de cando eramos "máis pequenos"

     

E despois diso fixémonos unha foto de grupo todos xuntos e xuntas.. 

     

Na biblioteca, o profe Pablo, tíñanlle preparada unha sorpresa fantástica, o conto do moi divertido.

     

Xa de volta nas aulas, en pequenos grupos,  fomos pegando a fotografía de grupo e decoramos o marco con pegatinas, xunto cos futuros compañeiros e compañeiras, para que puidesen levalo o máis bonito posible. 

    

Xa co marco rematado, chegou o momento de xogar todos xuntos e xuntas no patio.

Despois dun tempo xogando xuntos  chegou o momento da despedida... verémonos despois do verán, cando algúns  sexades compañeiros e compañeiras de Infantil.

   

Grazas pola visita!

    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.